miércoles, 7 de mayo de 2008



Este libro foi escrito o longo de dous anos 1.949-50. Trátase dun conxunto de poemas que o autor lle dedicou a súa primeira filla. Toda a temática dos poemas xira ó redor da relación entre pai e filla. Versos nacidos de sinxelas experiencias cotiás: unha mañá preciosa de sol, a chuvia, a neve, o vento, o arco da vella,...

jueves, 1 de mayo de 2008


¿Que contan as ovellas para durmir?
Dasilva, Kiko
Ilust. Dasilva, Kiko
Galaxia,
col. Árbore 2.004
27 pp.
¿Que facedes vós cando non podedes durmir? Xa sabedes que un bo truco é poñerse a contar ovellas ata conseguir quedar durmidos. Seguro que máis dunha vez tivestes que botar man deste remedio. Pero, ¿pensastes algunha vez que é o que fan as ovellas para prender no sono? Pois a resposta está neste libro que conta cunhas divertidas ilustracións. E daquela ¿que contarán as ovellas para durmir? Esta é a pregunta que se fixo Bee, unha ovella branca dentro dun rabaño de ovellas negras. Despois de interrogar a todos os animais que atopa no seu camiño por ver se lle dan algunha pista, Bee atopa a solución á pregunta. Seguro que o remate deste conto, que non vos quero contar para non estragar a sorpresa, vos parece moi orixinal e divertido. Por fin Bee conseguirá durmir.

miércoles, 30 de abril de 2008

"Chocolata toma un baño na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala..."

Marisa Núñez
Editorial OQO

Kahoot PIN del juego:  01859857